O CES Galicia, como ente institucional de dereito público, consultivo, da Xunta de Galicia en materia económica e social, fai pública a relación de reunións dos seus órganos colexiados (Pleno, Comisión Permanente, Comisións sectoriais) así como as reunións nas que participa tanto a nivel nacional como aquelas derivadas da súa participación na RTA (Rede Transnacional Atlántica) e na Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa.