Os profesores da Universidade da Coruña Margarita Novales e Alfonso Orro, responsables da elaboración dun informe de CES sobre a nova mobilidade en Galicia, compareceron hoxe nunha sesión da Comisión sectorial nº 1 para explicar o estado de situación do traballo. Logo de comentar algúns cambios sobre o índice previsto inicialmente, salientaron que a investigación está ben encamiñada aúnda que aínda queda tarefa por desenvolver antes de achegar conclusións. Os expertos confirmaron que manteñen a previsión de entragar o documento final antes de fin deste ano.
