A Comisión sectorial nº 1 será a encargada do seguimento do informe sobre as novas formas de mobilidade en Galicia, que ven de comezar a súa andaina no CES. Un equipo da Universidade da Coruña, dirixido polos profesores Margarita Novales Ordax e Alfonso Orro Arcay, que presentaron hoxe a súa proposta diante da CS-1, será o encargado de analizar polo miúdo as novas tendencias nese eido, desde a sostibilidade aos sistemas intelixentes de transporte ou a mobilidade como servizo. O prantexamento é facer unha análise completa e nas distintas escalas territoriais, tanto no ámbito urbano e metropolitano como a mobilidadade interurbana a escala comarcal e autonómica e tamén a de longo percorrido. As conclusións do informe coñeceranse nun prazo de aproxidamente un ano.
