Arrincan os traballos para a elaboración dun informe sobre economía circular e cidadanía

Os membros da Comisión sectorial nº 1 do CES asistiron hoxe á presentación da proposta preliminar para a elaboración dun novo informe do organismo, segundo o plan de traballo anual aprobado. Neste caso, un equipo da Universidade de Vigo, liderado polo catedrático Xosé Henrique Vázquez, vai ser o encargado de abordar un estudo sobre a percepción da economía circular por parte da cidadanía galega.