Arrincan os traballos do informe sobre o impacto do cambio climático no sector primario galego

A Comisión sectorial nº 1 asistiu hoxe a presentación do prantexamento preliminar e o índice proposto para a elaboración dun informe sobre as consecuencias do proceso de cambio climático para as produccións agrogandeiras, pesqueiras e forestais galegas.

Baixo o título “O cambio climático en Galicia e o seu impacto no sector primario”, a análise será coordinada polo profesor José A. Cortés Vázquez, do Grupo de Estudos Territoriais (GET) da Universidade da Coruña. Os membros da comisión valoraron positivamente esta proposta inicial de contidos e aportaron algunhas suxestións de mellora.