O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar na súa última sesión o ditame sobre o anteproxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia. Entre outras consideracións, o CES bota en falta unha alusión máis contundente á problemática xerada nos últimos anos pola práctica incontrolada do xogo, que, en opinión do Consello, debería abordarse con máis compromiso.
O ditame, solicitado polo trámite de urxencia, foi aprobado por maioría dos membros do Consello e conta cun voto particular emitido pola Confederación de Empresarios de Galicia, que discrepa dalgunhas das súas consideracións.

Existían dúas posicións diferenciadas entre os membros: por unha banda, os que entendían que o texto só atende á promoción do xogo sen ter en conta os problemas que xera a súa práctica incontrolada, e outra que entende o xogo como unha actividade económica con impacto nas empresas e na economía galega, que consideran que, a pesar de estar de acordo con que a lei teña un enfoque preventivo, non están de acordo cos requisitos que se impoñen para as empresas que xa están operando agora mesmo no sector (no réxime de autorizacións, entrada de operadores estatais a través de máquinas nos establecementos de terceiros (hostelería por exemplo), o que impediu un ditame de unanimidade. O ditame fai un chamamento a que a administración autonómica aborde con profundidade a saúde e seguridade das persoas consumidoras e usuarias nun momento en que a ludopatía está a medrar.
O ditame considera insuficientes as medidas establecidas no eido da prevención e bota en falta específicas mencións a actuacións asistenciais das ludopatías. O texto aprobado polo Consello salienta tamén que o anteproxecto non é ambicioso no tocante ás actividades de publicidade e promoción do xogo e considera que esta actividade debería estar completamente prohibida en recintos deportivos e feirais. o CES considera que este anteproxecto non está consonte coa realidade actual do xogo e que nace con importantes eivas xa que no seu conxunto establece unha regulación do xogo baseado case na súa totalidade en modalidades tradicionais e practicamente non regula a figura do xogo en liña, á que accede maioritariamente a poboación.
Outros aspectos que destaca o pronunciamento do CES son, por exemplo, no tocante ás actividades de publicidade e promoción do xogo, así como na tipoloxía de espazos e recintos nos que estas poden desenvolverse, o texto peca de escasa ambición e valentía. Por unha banda, non comparte a exclusión dos medios de comunicación privados en xeral e da prensa escrita en particular como vehículo de difusión e/ou promoción das actividades de xogo. Por outra, considera que a actividade do xogo debería estar completamente prohibida en recintos deportivos e feirais e consecuentemente tamén calquera tipo de publicidade e promoción que neles se desenvolva.
Tampouco comparte o CES o feito de que a norma non prevea a desaparición das máquinas comecartos e de apostas deportivas nos establecementos de hostalaría e restauración se non xa con carácter inmediato, a lo menos logo da expiración do período transitorio previsto no texto.