Aprobada a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2015

Como cada ano, o Pleno do Consello Económico e Social aprobou por unanimidade, na súa sesión do pasado 8 de xullo, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia. O documento elaborado polo Consello é unha visión de conxunto da realidade socioeconómica da Comunidade Autónoma que está respaldada polo amplio consenso dos axentes socias nas valoracións e consideracións que fan sobre a realidade que plasman os datos.
A memoria, que foi presentada onte en rolda de prensa pola presidenta do CES e a presidenta de turno da Comisión sectorial que elaborou a proposta, xa está dispoñible na web e pode descargarse en formato pdf nesta mesma páxina.