“O ámbito dos coidados de longa duración constitúe un xacemento de emprego relevante e en crecemento, aínda que cómpre actuar sobre os aspectos cualitativos destes postos de traballo”

O CES presenta o seu informe sobre o sistema de coidados en Galicia e as súas perspectivas de futuro

Coas características coñecidas da estrutura poboacional galega e, singularmente, o envellecemento da mesma, o sistema de coidados de longa duración para as persoas dependentes adquire especial relevancia. Segundo as proxeccións estatísticas, en 2035, unha de cada tres persoas en Galicia terá máis de 65 anos. Nese esceario, será necesario extender e mellorar o sistema para que os servizos públicos cobran as necesidades de todas aquelas persoas dependentes que o necesiten. Así se recolle no último informe do CES, “O sistema de coidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego”, que foi presentado hoxe na sede do Consello coa presencia dos seus autores, os profesores da Universidade da Coruña Raquel Martínez Buján e Paolo Rungo.

O CES presenta o seu informe sobre o sistema de coidados en Galicia e as súas perspectivas de futuro

Coas características coñecidas da estrutura poboacional galega e, singularmente, o envellecemento da mesma, o sistema de coidados de longa duración para as persoas dependentes adquire especial relevancia. Segundo as proxeccións estatísticas, en 2035, unha de cada tres persoas en Galicia terá máis de 65 anos. Nese esceario, será necesario extender e mellorar o sistema para que os servizos públicos cobran as necesidades de todas aquelas persoas dependentes que o necesiten. Así se recolle no último informe do CES, “O sistema de coidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego”, que foi presentado hoxe na sede do Consello.

“O ámbito dos coidados de longa duración constitúe un xacemento de emprego relevante e en crecemento, aínda que cómpre actuar sobre os aspectos cualitativos destes postos de traballo”, salientou na presentación a profesora da Universidade da Coruña Raquel Martínez Buján, unha das autoras do estudo. Na súa intervención, explicou a situación dos coidados e a súa evolución nos últimos anos e concretou algunhas das iniciativas nas que, segundo o informe, debería incidirse para mellorar o sistema. Entre outras, avanzar na coordinación socio-sanitaria, a prioridade dos servizos fronte ás prestacións económicas directas, o impacto da protección sobre a desigualdade de xénero ou avanzar na sustentabilidade do sistema.

Nunha segunda parte da presentación, o coautor Paolo Rungo lembrou a importancia dos coidados como fonte de emprego (máis de 26.000 persoas en 2019, na súa meirande parte mulleres) e presentou proxeccións para os vindeiros anos. Entre outros datos, apuntou que o crecemento da poboación dependente con dereito a prestación alcanzaría, en media, as 1.780 persoas ao ano, ata chegar a pouco menos de 140.000 no ano 2035.

A tendencia do funcionamento do SAAD implicaría un incremento neto dos postos de traballo necesarios de entre 4.003 e 4.539 postos a tempo completo entre o ano 2020 e o ano 2035. Pero tambén advertiu que a evolución das necesidades de emprego dependerá crucialmente do modelo de coidado elixido.

Rungo explicou que as condicións laborais e contractuais neste sector son menos favorables que as que se observan noutras actividades económicas (por exemplo, as taxas de temporalidade son moi elevadas) e que, en consecuencia, o emprego vinculado ao ámbito da dependencia constitúe unha oportunidade pero é necesario mellorar as súas condicións.

Pola súa banda, o presidente do CES, Agustín Hernández, lembrou que o informe –“exhaustivo, rigoroso e minucioso”, describiu– foi unha iniciativa propia do organismo e que o documento remitirase aos responsables da Xunta de Galicia para que dispoñan do mesmo como referencia á hora de tomar decisións.

O informe estrutúrase en cinco capítulos, ademáis dun apartado de conclusións. Logo dunha introdución, o capítulo 1 explica o descenso da poboación de Galicia e o crecente envellecemento da mesma, así como os cambios nos modelos familiares. No segundo capítulo describe a poboación en situación de dependencia e a organización social do coidado. De seguido, o capítulo 3 aborda o sistema público de coidados e as distintas etapas e lexislacións que veñen regulando esta actividade para, no capítulo 4, analizar o mercado de traballo de coidados., tanto o desempeñado nos establecementos residenciais como o realizado en domicilios. O capítulo 5 realiza proxeccións de poboación dependente a quince anos e estima as necesidades futuras de postos de traballo vinculados ao ámbito da dependencia.

O documento xa está dispoñible na web do CES.

Na imaxe, desde a esquerda, o presidente do CES, Agustín Hernández; Paolo Rungo e Raquel Martínez Buján, da Universidade da Coruña e autores do estudo; e Ángel S. Fernández Castro, membro do CES en representación da UdC e presidente de turno da comisión sectorial que traballou no informe.