Adiccións e novas tecnoloxías protogonizarán unha xornada de debate organizada polo CES

As dinámicas de adicción que, nalgúns casos, están a causar os usos compulsivos das novas tecnoloxías serán as protagonistas da xornada de debate que se celebrará este mércores, 27 de novembro, na sede do CES-Galicia. 

Centrada nos aspectos psicolxicos e comportamentais que a masiva irrupción de dispositivos, acceso universal a internet e difusión de contenidos a través das omnipresentes redes sociais están producindo a nivel persoal e tamén social, a xuntnza reunirá a expertos dos ámbitos educativos, psicolóxico, representantes das nais e pais e axentes económicos e sociais. 

A saúde mental será unha das protogonistas da xornada. Tamén, os perigos que supón un mal uso destas tecnoloxías en particular para os mozos e mozas, moi vulnerables nesa etapa da súa vida, e como podemos responder a ese desafío. Unha terceira parte da xuntanza mirará ao ámbito laboral e a aspectos como as repercusións destas ferramentas no mundo da saúde no traballo.

A xornada está aberta á participación de calquera persoa interesada.