Acordo coa USC para analizar os impactos da covid na economía galega

O CES e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) veñen de asinar un contrato de colaboración para elaborar un informe sobre “Os impactos da covid-19 na economía galega”. O obxectivo do informe, que será dirixido polo investigador Juan Ares Fernández, é ofrecer unha análise rigorosa dos principais impactos que a crise da covid está tendo sobre a economía galega e o seu tecido produtivo, así como das consecuencias sociais dos mesmos.

Ademais do estudio pormenorizado dos datos, o estudo fará fincapé nunha análise de tipo cualitativo que permita diferenciar os efectos transitorios e permanentes da pandemia na economía galega. Nese contexto, avaliaranse as políticas públicas postas en marcha para minimizar o seu impacto económico.

O documento, que deberá estar entregado a finais deste ano, rematará cun capítulo sobre balance, perspectivas e retos da recuperación.