O CES-Galicia, en colaboración coa Universidade da Coruña, celebrará o vindeiro 16 de xuño unha xornada sobre os impactos da intelixencia artificial sobre o emprego, as empresas e as administracións. O edificio CSA da Cidade das TiC da capital herculina será o esceario deste evento, que reunirá a expertos académicos, do ámbito empresarial, da administración e axentes socioeconómicos para afondar nunha nova realidade que condiciona xa, e o fará aínda máis nun futuro inmediato, o día a día da nosa sociedade.
A xornada está aberta á participación de calquera persoa interesada.