A saúde mental, protagonista dun novo informe que comeza a Comisión sectorial nº 2

Describir a realidade da saúde mental en Galicia, pero tamén as súas perspectivas de futuro desde a situación actual, é o ambicioso obxectivo do novo informe que está a poñer en marcha o CES, neste caso a través da súa Comisión sectorial nº 2. Nunha sesión celebrada hoxe, os seus membros poideron asistir á explicación do prantexamento dese documento a cargp dp responsable do equipo que se encargará da investigación, o profesor Elisardo Becoña Iglesias, catedrático de Psicoloxía Clínica na Universidade de Santiago de Compostela.

Segundo explicou, vaise elaborar un informe descriptivo presentando o estado en que se encuentra a atención á saude mental en Galicia e para iso se formará un equipo de distintos profesionais da psiquiatría, psicología clínica, enfermería psiquiátrica e medicina de atención primaria. O informe describirá tanto os recursos dispoñibles do sistema público como do privado ou asociativo.

O Informe incluirá, no seu capítulo final, recomendacións, partindo da situación descrita, orientadas tanto á mellora da atención á saúde mental como da prevención de distintos trastornos prevalentes.

Becoña explicou que o documento, que se elaborará ao longo dun ano, tentará ser claro, didáctico, concreto, basado en evidencias, e que as súas propostas axuden a mellorar a atención á saúde mental.