A RTA busca propoñer á Unión Europea a creación dunha macrorrexión atlántica

Os CES autonómicos españois da fachada atlántica e os seus homólogos CESE franceses agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA) están a traballar coa idea de propoñer á Unión Europea a creación dunha macrorrexión nesta parte do continente.

Nunha reunión do grupo de traballo sobre a macrorrexión atlántica da RTA, os Consellos fixaron a delimitación e alcance do informe sobre este asunto, a metodoloxía de traballo e o calendario de reunións para a súa elaboración. A idea é ter finalizado un documento a finais deste ano para presentalo no 2025.

O informe tentará analizar as macrorrexións existentes na actualidade (Mar Báltico, Danubio, Adriático, Alpina) para extraer conclusións sobre o seu funcionamento e posibilidades para poder propoñer á Unión a creación dunha rexión Atlántica por parte de los CES-CESE da fachada atlántica e mais o Forum Océano de Portugal.