A produción sostible de alimentos e a xestión do territorio protagonizan un novo informe do CES

O CES, a través da súa Comisión sectorial nº 2, comezou a traballar nun informe sobre “Alimentos sostibles e xestión do territorio”. Coordinado polos profesores da USC Mª Ángeles Romero Rodríguez, David Miranda Barrós e Mar Pérez Fra, o estudo describirá qué é unha alimentación saudable a partir de sistemas alimentarios sostibles, o marco institucional e normativo para a producción de alimentos, con especial fincapé na situación da producción agraria de alimentos en Galicia (usos do territorio, capacidade produtiva, estrutura das explotacións, sostibilidade…) e analizará tamén a industria transformadora. A idea é completar o informe cunha análise DAFO da producción sostible de alimentos e da xestión do territorio en Galicia.