A Memoria socioeconómica de Galicia 2023, xa dispoñible na web

Logo da súa preceptiva remisión ao presidente da Xunta de Galicia e dunha entrega protocolaria ao presidente do Parlamento, que tivo lugar onte, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2023 xa está dispoñible na web. 

Estruturada en cinco capítulos, a Memoria de CES repasa o panorama económico xeral, a situación de Galicia, a demografía, os sectores produtivos, a protección social, os aspectos medioambientais, a sanidade e a educación, a dinámica empresarial… en definitiva, unha ampla ollada sobre a realidade socioecomica da nosa terra e as súas xentes. Como cada ano, o estudo inclúe un capítulo de “Consideracións”, as opinións consensuadas de todos os membros do CES sobre esa realidade, os seus problemas e motivos de preocupación e propostas de mellora de algúns dos seus aspectos negativos.

O documento pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.ces-galicia.org/memorias-socioeconomicas/memoria-memoria-socieconomica-de-galicia-2023/

Na imaxe, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibe a Memoria 2023 do presidente do CES, Manuel Pérez, e da presidenta de turno da comisión de traballo do Consello, Rosa Otero.