A inmigración en España e os retos que supón para o noso futuro foi o asunto central do Encontro anual do CES de España e os CES das Comunidades Autónomas, que se celebrou estes días en Las Palmas de Gran Canaria. O CES de Galicia estivo representado polo seu presidente, Manuel Pérez, e o secretario xeral, Manuel Martínez.
Cómo cada ano, os CES reuníronse co obxectivo de intercambiar experiencias e reflexionar acerca de fórmulas para impulsar a participación e o diálogo social, ademáis de analizar en profundidade algún dos temas de actualidade que entran no ámbito de competencias destes organismos.
Nesta ocasión, o encontro comezó cunha reunión dos representantes dos Consellos co presidente do Gobierno de Canarias, Fernando Clavijo, acompañado polo viceconsejero de la Presidencia, Alfonso Cabello, que tivo lugar na sede da Presidencia do Gobierno de Canarias.
A sesión inaugural arrincou coa benvida do presidente do CES de Canarias, José Carlos Francisco, e a apertura do presidente do CES de España, Antón Costas. De seguido, os participantes tiveron ocasión de asistir a unha interesante ponencia impartida pola catedrática e investigadora del Real Instituto Elcano Carmen González Enríquez, quen abordou os retos actuais da inmigración en España. Na sesión participou tamén a consejera de Bienestar Social, Igualdad, Juventud, Infancia y Familias do Gobierno canario, Candelaria Delgado.
O segundo día do encontro estivo centrado no tema “A inmigración en España”, con intervencións dos presidentes dos CES participantes. Na súa presentación, o presidente do CES de Galicia lembrou a tradición migrante desta terra e salientou a importancia que este asunto ten na sensibilidade dos axentes económicos e sociais. Tamén anunciou que os CES da fachada atlántica, agrupados na Red Transnacional Atlántica (RTA), están a redactar un informe sobre migracións nos seus territorios a través dun grupo de traballo que preside Galicia.
Este Encontro anual reforza o papel dos CES como espazos de diálogo e análise para unha sociedade máis cohesionada e xusta.
Ao encontro, ademáis do presidente do CES de España, Antón Costas, asistiron os presidentes dos CES de Cantabria, Carmen Marrero Alonso; de Castela e León, Enrique Cabero; de Cataluña, Ciriaco Hidalgo; de Extremadura, Francisco Rubio; de Galicia, Manuel Pérez; de Baleares, Francisco Fiol; de Murcia, José Antonio Cobacho; de Comunidade Valenciana, Fernando Móner; y de País Vasco, Javier Muñecas.
Na imaxe, foto de familia dos asistentes.