Representantes da Fundación Inade explicaron ao presidente do CES a postura da entidade diente dos riscos detectados nas instalacións industriais a causa de eventuais lumes nunha reunión celebrada hoxe na sede do organismo consultivo. O presidente do padroado, José Ramón Santamaría Barreiro, e o vogal Adolfo Campos Carballo, expuseron ao presidente do Consello, Manuel Pérez Álvarez, as conclusións da Fundación Inade diante do risco de incendios en establecementos industriais en Galicia, os riscos que se detectan, as carencias, as necesidades e as propostas a presentar á Administración. Esas conclusións foron acadadas logo de distintas reunións mantidas con membros do Consello Galego de Seguridade Industrial ao longo do ano anterior e do presente, coa finalidade de atopar vías de apoio e colaboración.
Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro, é unha organización sen ánimo de lucro promovida pola entidad mercantil Inade, Instituto Atlántico del Seguro e constituida no ano 2008.
