“A emigración, ben xestionada, é unha bendición para a sociedade receptora”, salienta o presidente do CES

Presentación do informe La realidad migratoria en España: prioridades para las políticas públicas en Santiago

“A emigración, ben xestionada, é unha bendición para a sociedade receptora e, no caso de España, constitúe xa un componente estrutural”. Así o salientou o presidente do CES de España, Antón Costas, durante a presentación en Santiago de Compostela do informe La realidad migratoria en España: prioridades para las políticas públicas, realizado polo organismo consultivo. Costas insistiu en que esa boa xestión é o gran reto para que a percepción social do fenómeno sexa tan positiva como amosan os indicadores económicos e que a clave é que esta inmigración sexa “controlada, segura e eficaz”. 

A xornada de presentación, organizada polo CES-Galicia e inagurada polo presidente deste organismo, Manuel Pérez, contou coa presencia do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, José González Vázquez; do presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro; e foi clausurada pola secretaria de Estado de Migraciones del Gobierno de España, Pilar Cancela Rodríguez.

Diante dun numeroso grupo de asistentes, os poñentes estiveron de acordo en salientar os aspectos positivos do fenómeno migratorio, tanto para as persoas migrantes como para o país de acollida, aínda que tamén lembraron que o proceso debe ser regulado, en particular nun caso como o de España que multiplicou o seu volume de poboación nada no estranxeiro case por catro en pouco máis de vinte anos.

O presidente do CES de España presentou o documento facendo fincapé en que a inmigración en España ten as súas propias características. En primeiro lugar, máis da metade das persons inmigrantes son mulleres, algo que non ocurre en ningún outro país da nosa contorna. Neste senso, salientou a dobre discriminación que sufren as mulleres: por ser inmigrantes e por ser mulleres. Un segundo rasgo diferenciador é a distribución territorial das persoas que chegan a España, que non se reparten de xeito homoxeneo senon que é asimétrica: coexisten territorios de alta presión demográfica, como a franxa mediterránea ou os arquipiélagos, con outros que apenas reciben flúxos migratorios internacionais.

Costas explicou na súa intervención que o informe fai a súa análise sobre a realidade migratoria a través de cuatro eixos: tendencias e perspectivas dos fluxos migratorios recentes no contexto internacional; o marco das políticas regulatorias no último periodo na Unión Europea e en España; os efectos e as oportunidades económicas e laborais da inmigración; e o reto da integración social dos inmigrantes e as cuestións relacioadas coa cidadanía, a inclusión e a interculturalidade, que fan parte moi importante da discusión social sobre este fenómeno.

Coordinación institucional

Pola súa banda, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración expuso o modelo da Xunta de Galicia neste eido para atraer talento que, explicou, basease nunha inmigración ordenada, planificada e vencellada as necesidades do tecido produtivo. Para facer máis útil e eficaz a integración das persoas inmigrantes, González insistiu en reclamar para Galicia o traspaso das competencias para as autorización iniciais de traballo.

O conselleiro fixo propias algunhas das cuestión recollidas no informe e matizou que cómpre “reforzar a coordinación institucional, garantir que as administracións conten cos medios suficientes para xestionar esta realidade con eficacia e abordar as políticas migratorias sempre en conexión co tecido produtivo”. González gabou o modelo da Xunta, que aposta pola inmigración regular da man das administracións de orixe dos fluxos e do noso mercado laboral.

Autorizacións de traballo

Esa cuestión sobre o traspaso da responsabilidade á Comunidade Autónoma foi o eixo da intervención do presidente do Consello Consultivo, Andrés Lago, na súa conferencia sobre Competencias autonómicas en materia de gestión de autorizaciones de trabajo para personas extranjeras. Na súa opinión, os textos legais do noso ordenamente permiten esa posibilidade e as conversas están avanzadas.

Así o confirmou tamén a secretaria de Estado de Migraciones, Pilar Cancela, que, na intervención que puxo fin á xornada, insistiú tamén nos aspectos positivos do fenómeno migratorio e lembrou, como galego, a condición desta terra como acolledora porque ten ben recente, case que es cada familia, unha realidade de migracións.

O informe completo pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.ces.es/documents/10180/5382476/INF_012025.pdf/37703705-5571-1007-c4bf-80c80d60c30e