“A economía social, o tecido asociativo, pode ser unha boa ferramenta que nos axude na loita contra problemas graves da sociedade galega, como o valeirado poboacional, o crecente envellecemento das zonas rurais e a falta de relevo xeracional”. Así o salientou o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez, nun coloquio con representantes das organizacións do sector no marco dun acto de presentación dos resultados e perspectivas para este ano 2025 da Estratexia Galega de Economía Social EGAES H27.
Logo da presentación da estratexia por parte do conselleiro de Emprego, Comercio e Inmigración, José González Vázquez, e da explicación dos logros acadados e as perspectivas para 2025, os participantes no coloquio, representantes de organizacións do tecido asociativo como Cegasal, Agaca, EspazoCoop, AEIGA e Aesgal, coincidiron na importancia de iniciativas como a dita estratexia para dar visibilidade a esta forma de emprendemento empresarial. Centrada nas persoas, a sostibilidade e o medio ambiente, os contertulios insistiron na necesidade de que a economía social traballe de forma conxunta coa administración, como xa o ven facendo, para difundir e facer máis presente na sociedade galega o movemento asociativo.
Esa maior visibilidade será especialmente importante cando neste ano celébrase o Ano Internacional das Cooperativas 2025.

