A directora xeral de Estratexia Industrial explica o plan director do sector TIC na Comisión sectorial nº 1

A directora xeral de Estratexia Industrial da Conselleria de Economía e Industria, Margarita Ardao Rodríguez, acompañada da xefa do Servizo de Promoción Industrial, Belén Yáñez Barge, compareceu na sesión da Comisión sectorial nº 1 do CES para explicar aos membros do organismo consultivo as liñas mestras do anteproxecto de Plan director do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), que ven de ser sometido a ditame.

Unha detallada exposición da filosofía e as directrices estratéxicas do documento, así como o desenvolvemento previsto na súa implementación, servirán como punto de partida para que as distintas organizacións e entidades do Consello podan facer as súas aportacións e consideracións sobre o plan director e consensuar o correspondente ditame do organismo.