A Comisión sectorial nº 1 do CES ven de rematar o estudo do informe sobre o sector enerxético en Galicia coa aportación de distintas consideracións dos membros sobre o traballo de investigación elaborado en colaboración coa Universidade da Coruña. O informe “O sector enerxético en Galicia: presente e futuro”, que foi coordinado polo profesor da Facultade de Economía e Empresa da UdC Fernando de Llano Paz, analiza o sector enerxético das empresas e fogares galegos e aspectos como a oferta de servizos enerxéticos en Galicia e da planificación europea. O Pleno do CES aprobará o documento nunha vindeira reunión.
Na súa última sesión, os membros da Comisión tiveron tamén ocasión de valorar outro traballo de investigación no que están inmersos, “Os impactos da Covid na economía galega” feito en colaboración coa USC. Os profesores Juan Ares e Alberto Meixide explicaron polo miúdo o contido do seu estudio, que foi moi ben recibido pola Comisión. As vinderias semanas adicaranse a consensuar aportacións e consideracións sobre o contido do documento presentado.