inicio - Novas - Un documento oportuno e necesario

Un documento oportuno e necesario

17/10/2018

Presentación do informe sobre o Brexit

Un documento oportuno e necesario. Con estas dúas sinxelas palabras quixo resumir o documento Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o Brexit. Principais consideracións o coordinador do traballo, o profesor Fernando González Laxe, durante a presentación do informe na sede do CES, nun acto celebrado hoxe

As conclusións do informe do CES sinalan que a economía de Galicia non se verá moi afectada pola saída do Reino Unido da UE no aspecto cuantitativa, aínda que, lembrou González Laxe, si se detectou preocupación desde o punto de vista cualitativo. Por sectores, os máis afectados pola caída, á falla de concreción do mecanismo concreto en que esta se producirá, serían o textil, a pesca e os servicios, que son os que máis intercambios rexistran cos británicos.

Este informe do CES, que pode descargarse para a súa consulta nesta mesma páxina, é pioneiro no seu campo e, pola súa profundidade na análise, non ten parangón nin no eido universitario nin entre os realizados polos gobernos rexionais da fachada atlántica. O estudo baseasse en tres eixos o pilares: o teórico, o aplicado e o da percepción e opinión dos cidadáns. Análizanse os distintos escearios posibles de saída e as diferentes consecuencias que tería cada un deles.

Dado que o proceso de negociación do Brexit aínda non rematou, non é posible determinar as súas repercusións exactas. Cuando se concrete a fórmula do acordo, o CES ten previsto facer unha actualización do informe. En palabras da presidenta do CES, Corina Porro, "este documento é unha base sólida para que non teñamos que empezar de cero o estudio no momento en que se produzca a desconexión".

Na imaxe, un momento da presentación do informe, co profesor González Laxe, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a presidenta do CES, Corina Porro, e o secretario xeral do organismo, Juan José Gallego.

traballos relacionados: