Comeza o proceso de elaboración do ditame sobre a nova normativa urbanística
O CES está xa a traballar na elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei do solo de Galicia, que lle foi solicitado hai uns días. Co fin de afondar no contido da nova normativa, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, compareceu diante do Pleno do CES para explicar as liñas xerais, a filosofía e os obxectivos máis salientables do anteproxecto de Lei.

Na súa exposición, Rivas definiu o anteproxecto como unha aposta decidida por un urbanismo responsable e transparente. A secretaria xeral explicou aos membros e aos expertos asesores que lles acompañaban o contido da nova normativa, os obxectivos que tenta acadar e os principais cambios respecto á Lei actual. Entre outras novidades, avanzou a creación da Plataforma Urbanística de Galicia para fomentar a participación cidadá e o Rexistro de Planeamento Urbanístico para incrementar a seguridade xurídica. A secretaria xeral sinalou tamén que a nova Lei do solo aposta pola dinamización do rural e por crear instrumentos de planificación adaptados ás necesidades de cada concello