O CES-Galicia mantén unha vicepresidencia no novo Comité Executivo da RTA

O Consello Económico e Social de Galicia mantén unha vicepresidencia no novo Comité Executivo (órgano de goberno) da Rede Transnacional Atlántica, que na nova etapa vai estar presidido polo responsable do CES Vasco, Francisco Huidobro.
Excelente acollida para a xornada sobre economía azul

Representantes de colectivos empresariais, institucionais, políticos e axentes socioeconómicos asisitiron á xornada "El relanzamiento de la economía azul en la fachada atlántica", que organizou o CES-Galicia en Vigo.
Visita institucional do novo presidente da patronal galega ao CES

O novo presidente da patronal galega, Antón Arias Díaz Eimil, realizou hoxe unha visita institucional áo Consello Económico e Social de Galicia, onde mantivo unha reunión coa presidenta do organismo. Era a primeira que Arias estaba no CES como máximo responsable da CEG, pero coñece moi ben esta casa, xa que é membro do Pleno.
A economía azul na fachada atlántica, nunha xornada de estudo en Vigo

"El relanzamiento de la economía azul en la fachada atlántica" é o título dunha xornada de estudio que, organizada polo CES, celebrarase en Vigo o vindeiro 21 de febreiro. Tres conferencias de primeiro nivel permitirán aos participantes achegarse as novas realidades da economía vencellada ao mar na fachada atlántica europea.
As ponencias da xornada sobre Galicia e o Norte de Portugal, na web

Xa están a disposición dos interesados as ponencias da recente xornada sobre as relacións económicas entre Galicia e o Norte de Portugal.
O Pleno aproba o informe sobre Ferrol e a súa área de influencia

O Pleno do CES aprobou na súa sesión 6/16, celebrada hoxe, o seu informe sobre Ferrol e a súa área de influencia.
A presidenta do CES-Galicia anuncia a redacción dun estudio sobre o sector industrial

Comparencia na Comisión de Orzamentos do Parlamento
Expertos de Galicia e Portugal falan de competencia, complementariedade e competitividade

Os distintos expertos e representantes institucionais galegos e lusos que se citaron na xornada "As relacións económicas entre Galicia e o Norte de Portugal", celebradas onte no CES, coincidiron en salientar palabras como complementariedade, competencia e competitividade para definir a situación destes dous territorios.
As relacións económicas entre Galicia e o Norte de Portugal, a estudio

As relacións económicas entre Galicia e o Norte de Portugal protagonizarán a nova xornada de estudio que organiza o CES-Galicia en colaboración co Idega, prevista para o vindeiro martes, 13 de decembro.
Xornadas sobre a sostenibilidade fiscal e os seus desafíos

Preto de medio cento de especialistas e expertos de distintas institucións públicas e universidades participan nas xornadas "Sostenibillidad fiscal y haciendas subcentrales en España: desafíos y reformas" que, organizadas pola Red de investigadores en financiación autonómica y descentralización financiera en España (RIFDE) e o grupo GEN da Unive
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »