O CES Galicia participa na reunión do comité de seguimento do P.O. FEDER GALICIA 2014-2020

O CES Galicia participa na reunión preparatoria do Comité executivo da RTA

O CES Galicia amosa a súa preocupación polos problemas que está a xerar a aplicación da lei 8/2021 de 2 de xuño
A comisión permanente do CES Galicia, logo das inquedanzas trasladadas polos representantes de Unión de consumidores de Galicia e Fademga, sobre a problemática que está a xerar a aplicación da lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, manifesta a súa preocupación e acordou trasladar a mesma á presidencia do CES España (que ditaminou a lei no seu día) e á conselleira de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Comparecencia de AGACA (Asociación galega de cooperativas agroalimentarias) ante a CS1

Con motivo dos traballos que está a levar a cabo a CS1 para elaborar o ditame sobre o anteproxecto da lei de calidade alimentaria de Galicia, o representante de AGACA (Carlos Ares Fernández), acompañado da representante da economía social no CES (Mar Pernas) compareceron ante a comisión sectorial 1
Reunión dos Consellos Económicos e Sociais españois membros da RTA

Comparecencia do presidente do CES na comisión de Orzamentos do Parlamento sobre as contas para 2023

O presidente do CES, Agustín Hernández, compareceu hoxe diante da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia dentro do proceso de tramitación das contas da Comunidade Autónoma para o vindeiro ano. Hernández salientou o incremento do orzamento do organismo para 2023, que estará en torno ao 4%, ata acadar unha cantidade que supera os 1.088.000 euros. Unha boa parte dese aumento destinarase ao apartado de elaboración de informes, que disporá de 92.000 euros, un 23% máis que na exercicio actual. O presidente aproveitou a súa comparecencia para explicar polo miúdo a actitividade do CES ao longo deste ano e apuntar algúns dos plans que está previsto desenvolver nos vindeiros meses.
Nas súas respectivas intervencións, os voceiros dos distintos grupos parlamentarios na comisión gabaron o labor do Consello e a importancia do organismo como foro de representación da sociedade civil galega.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »