inicio - Novas
 07/10/2019  

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Premio Valentín Paz Andrade, que acada a súa sexta edición

investigación

Desde o pasado 1 de outubro está aberto o prazo para a presentación de traballos candidatos ao Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia. Convocado conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, acada neste ano a súa sexta edición. Os traballos poderán presentarse ata o 15 de novembro.

 04/10/2019  

A Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2018, xa dispoñible na web

Presentación Memoria G18

O presidente do CES, Agustín Hernández, presentou hoxe a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2018. Logo da súa presentación pública, o documento xa está dispoñible na web.

 26/09/2019  

O CES aproba por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia

ordenación territorio

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar por unanimidade na súa sesión de hoxe o ditame deste organismo sobre o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.

 13/09/2019  

O novo presidente do CES aposta por reforzar a independencia e a obxectividade do organismo

Hernández e Feijóo

Acto de toma de posesión de Agustín Hernández

O novo presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, tomou posesión do seu novo cargo salientando a súa aposta por reforzar a independencia e a obxectividade do organismo. Nun acto celebrado na sede do Consello, coa presencia dos membros do CES, de diversas autoridades e do presidente da Xunta, Hernández lembrou o papel institucional do organismo como “pedra angular” do entramado institucional de Galicia “á hora de deseñar medidas que beneficien á cidadanía”.

 12/09/2019  

Agustín Hernández Fernández de Rojas, nomeado novo presidente do CES

Agustín Hernández Fernández de Rojas é a persoa elixida para ocupar o cargo de presidente do Consello Económico e Social. O decreto de nomeamento publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia, logo de cumpridos os trámites legalmente establecidos.
 31/07/2019  

O CES aproba a súa Memoria sobre a situación económica e social 2018

En sesión plenaria celebrada hoxe, o Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia correspondente a 2018.

Páxinas