inicio - Novas
 05/02/2021  

O CES celebra de xeito virtual a sesión de constitución do seu novo Pleno

O novo Pleno do Consello Económico e Social de Galicia quedou constiuído hoxe nunha sesión celebrada a través de videoconferencia que contou coa presencia do conselleiro de Facenda e Administración pública. Debido as limitacións consecuencia da covid-19, os membros do organismo foron convocados a unha sesión telemática para facer efectiva a constitución do novo plenario, logo da renovación publicada no DOG o pasado decembro e adiada ata a data polas restricións sanitarias.

Na imaxe, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, e o presidente do CES, Agústin Hernández.

 04/02/2021  

Os CES españois integrados na RTA tentan consensuar unha postura básica común sobre a revisión da Rede Transeuropea de Transportes para o Espazo Atlántico

O Consello Económico e Social de Galicia, xunto cos seus homólogos de Andalucía, Estremadura, Castela e León e País Vasco, agrupados no marco da Rede Transnacional Atlántica (RTA), celebraron unha reunión telemática para a posta en común das súas posturas sobre o documento de traballo que está a elaborar a organización titulado “Cara unha revisión da Rede Transeuropea de Transportes (RTE-T) para o Espazo Atlántico”.

Esta sesión serviu para consensuar unha postura básica común dos CES atlánticos españois diante do documento, que expón as prioridades da RTA de cara a este proceso de revisión da RTE-T. Este acordo non exclúe nin limita as pretensións particulares de cada un dos territorios participantes.

 03/02/2021  

O director xeral de Planificación o Orzamentos explica as liñas mestras dos fondos europeos para a recuperación nunha sesión da Comisión Permanente

O director xeral de Planificación o Orzamentos, Miguel Corgos, asistiu a unha sesión telemática da Comisión Permanente para explicar as liñas mestras dos fondos europeos para a recuperación e os proxectos nos que está a traballar o seu departamento.
 29/01/2021  

Vinte e cinco anos do Pleno de constitución do Consello Económico e Social

25 años

Este vindeiro 30 de xaneiro cúmprense 25 anos desde a celebración da constitución do Consello Económico e Social de Galicia, nunha sesión que tivo lugar nas dependencias da Xunta en San Caetano. Nun acto presidido polo titular da Xunta de Galicia nese momento, Manuel Fraga, e coa presencia dos conselleiros de Economía e Xustiza, tomou posesión do seu cargo o primeiro presidente da nova institución, Luis Suárez-Llanos Gómez, o seu secretario xeral, Carlos Monclús, e os representantes das distintas entidades e institucións da sociedade civil organizada que forman o organismo consultivo.

Xa naquel lonxano día, os seus responsables insistiron na cooperación e o consenso como guías do seu traballo como foro permanente de diálogo e deliberación entre os axentes económicos e sociais. Logo destes 25 anos, ese segue a ser o espírito que se mantén no CES. Cambiaron os presidentes e os membros, as formas de traballo e a proxección da insitución na sociedade, pero se conserva a idea de recoller, dentro das lexítimas discrepancias dos intereses variados, unha voz común como mellor medio de poñer en valor a contribución deste Consello ao desenvolvemento da sociedade galega.

Na imaxe pequena, o presidente Suárez-Llanos (á esquerda) durante o acto, na fotografía de F. Blanco que publicou El Correo Gallego o 31/01/96. Arriba, a esquerda, o salón do Pleno na actualidade; á dereita, o Pazo de Amarante, en Santiago de Compostela, sede do CES.

 28/01/2021  

O sector da economía social cambia o seu representante no Pleno do CES

María del Mar Pernas Márquez é desde hoxe, logo do publicación do seu nomeamento no DOG, membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación do sector da economía social.

 28/01/2021  

O CES Galicia continúa a traballar no debate institucional sobre a rede europea de transportes no marco da Rede Transnacional Atlántica

tren RTA Os CES membros da Rede Transnacional Atlántica (RTA) seguiron a traballar no debate institucional sobre a rede transeuropea de transportes (RTE-T). Os Consellos de España xa elaboraron, en novembro de 2020, un documento conxunto sobre as súas prioridades para o corredor atlántico (pode consultarse no enlace abaixo), con consenso dos participantes, que sirve de punto de partida para continuar afondando no estudo da situación e as prioridades para o futuro. Neste intre, o CES Galicia recibiu por parte da RTA, para a súa validación, o novo documento "Cara unha revisión da RTE-T para o Espazo Atlántico" e xa traballa nel.

Páxinas