Reunión telemática preparatoria do Comité de Orientacións da RTA
Os CES españois que fan parte da Rede Transnacional Atlántica (RTA) mantiveron unha reunión a través de videoconferencia –na imaxe, un momento da xuntanza– para preparar a vindeira sesión do Comité de Orientacións da organización. Nese encontro, que se celebrará na cidade de Mérida o vindeiro 28 de setembro, está prevista a elección dunha nova directiva –presidencia e dúas vicepresidencias– da Rede.Convocada a VIII edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia
O CES e o IDEGA da USC convocan unha nova edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia. Desde o 15 de setembro e ata o o 30 de outubro de 2021 , calquera profesor, investigador ou institución pode facer chegar á secretaría do IDEGA a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB).
A directora da Axencia Galega de Innovación explica no CES os avances da Estratexia de Especialización Intelixente 2021-2027
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, compareceu no CES, nunha sesión da Comisión sectorial nº 1, para presentar os avances realizados na Estratexia de Especialización Inteligente 2021-2027 en canto ao proceso participativo seguido, os resultados da diagnose e a base estratéxica preliminar (misión, visión, prioridades e obxectivos estratéxicos).
O Pleno aproba o anteproxecto de orzamento para 2022
O Pleno do CES aprobou na súa sesión de hoxe o seu anteproxecto de orzamento para o exercicio de 2022. A proposta formulada, elaborada como aconsella unha elemental norma de prudencia trala situación que se está a vivir como consecuencia da covid, estivo presidida pola necesaria contención do gasto. Seguindo este fundamental criterio, o orzamento para o vindeiro exercicio contará cunha dotación de 1.025.241 euros.
O CES entrega ao presidente do Parlamento a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020
O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, acudiu hoxe ao Parlamento de Galicia, acompañado pola presidenta de turno da Comisión sectorial encargada do documento, Rosa Otero, para facer entrega ao presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020 elaborada polo organismo consultivo e recentemente aprobada por unanimidade dos seus membros. A Memoria será traslada aos grupos parlamentarios.
Aprobada por unanimidade a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou na súa sesión do pasado 22 de xullo, por unanimidade, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020, o informe anual que este organismo consultivo elabora sobre a realidade socioeconómica galega desde o punto de vista dos axentes da sociedade civil, e xa a enviou ao presidente da Xunta, para o seu coñecemento.
O estudo xa está dispoñible na web do CES.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »