inicio - Novas
 26/01/2022  

A Comisión Permanente asiste á presentación do informe sobre a xestión integral do risco nas empresas de Galicia

presentación informe Inade

Elaborado a iniciativa da Fundación Inade, o estudio conclúe a necesidade da posta en marcha dun Observatorio de riscos empresarias de Galicia

Os membros do CES tiveron ocasión de asistir hoxe á presentación do estudio “La gestión integral del riesgo (ERM) y el seguro” no marco dunha sesión da Comisión Permanente. Elaborado pola USC por encargo da Fundación Inade, o informe é unha completa analise do sector empresarial galego neste campo que se elabora cada cinco anos. Entre as súas conclusións, o estudio propón a creación dun Observatorio de riscos empresariais de Galicia co obxectivo de promover entre as empresas galegas unha cultura da xestión do risco.

 25/01/2022  

Representantes do colectivo de usuarios afectados polos cambios de horarios dos trenes Ourense–Santiago–A Coruña e Vigo–A Coruña explican a súa problemática ao presidente do CES

tren Renfe

Unha representación do colectivo de usuarios e usuarias do servicio ferroviario entre Vigo e A Coruña e da liña Avant entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña afectados polos cambios de horarios sufridos trala recente chegada dos trenes AVE a Galicia mantiveron onte unha xuntanza co presidente do CES para explicar as complicacións que están a padecer.

 14/01/2022  

O CES participa no foro AVE Madrid-Ourense celebrado hoxe.

foro AVE Ourense

O Consello Económico e Social participou hoxe no foro AVE Madrid–Ourense “Un camino a Galicia: desafíos e oportunidades”, que se celebrou na cidade das Burgas. A través dunha intervención do presidente, Agustín Hernández, nunha mesa redonda titulada “O camino por completar: as etapas pendentes”, o organismo estivo presente nun encontro que tentou amosar as novas realidades que a recente posta en marcha da conexión de alta velocidade entre Ourense e Madrid suporá para este territorio.

 27/12/2021  

Comeza a elaboración dun ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga cunha comparencia da directora de Augas de Galicia

comparecencia Augas de Galicia

Unha comparecencia da directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez López, acompañada do xerente do organismo, Gonzalo Mosqueira, diante da Comisión sectorial nº 2 abriú o proceso de elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia, que foi solicitado ao CES. Con esta intervención, os responsables da Administración quixeron trasladar de primeira mán o contido do novo proxecto normativo, as súas liñas mestras e os obxectivos que tenta acadar.

 20/12/2021  

O CES insta a perseverar na xestión actual da protección das poboacións de lobo de Galicia garantindo a axeitada convivencia do cánido coa actividade gandeira, nomeadamente a gandería extensiva

lobos

O CES une a súa voz contra o cambio do status de protección do lobo en Galicia, e a súa inclusión na listaxe de especies especialmente protexidas que imposibilita a súa caza. Nun manifesto aprobado polo Pleno, o organismo consultivo insta á Xunta de Galicia e ao Goberno de España, no marco das súas respectivas competencias, a tomar as seguintes medidas en relación coa xestión do lobo en Galicia:

• Perseverar na xestión das poboacións de lobo de Galicia, dentro do marco de protección determinadas para a especie, a fin de garantir a axeitada convivencia das poboacións autóctonas de lobo coa actividade gandeira, nomeadamente a gandería extensiva.

• A adoptar con urxencia as medidas especiais necesarias para resolver as situacións de alto risco derivadas do achegamento do lobo ás zonas habitadas e nas comarcas con elevada incidencia de ataques á gandería extensiva.

• A mellorar a convivencia do lobo e a gandaría mediante subvencións a medios de prevención de ataques á cabana gandeira e a través dun fondo público que faga fronte ás indemnizacións polos danos ao gando que cunha valoración das reses axustada ao mercado, que teña en conta os danos colaterais e o lucro cesante. Ambas medidas deben contar cunha dotación orzamentaria suficiente, que a súa solicitude supoña a menor carga burocrática posible e o seu pagamento sexa áxil.

• A explorar medidas de xestión adicionais, como a alimentación disuasoria do lobo, con criterios científicos e técnicos e supervisión técnica rigorosa, utilizando restos de reses mortas coas debidas garantías e controis veterinarios, ou incluso restos de reses de caza.

 20/12/2021  

O CES considera inaprazable a modernización da rede ferroviaria galega e esixe a priorización dos proxectos de infraestruturas de transporte correspondentes ao corredor atlántico

transporte mercaderías

O Consello Económico e Social ven da aprobar un manifesto no que considera “unha tarefa inaprazable” a modernización da rede ferroviaria galega e esixe as Administracións con competencias en materia de transportes a priorización dos proxectos de infraestruturas de transporte correspondentes ao corredor atlántico para acadar un incremento da participación do ferrocarril no transporte de mercadorías.

Páxinas