inicio - Novas
 29/07/2017  

O CES constata o crecemento e insta a consolidar unha base sólida para acadar unha economía sustentable e competitiva

A economía galega continuou en 2016 coa súa senda expansiva ao acadar tres trimestres consecutivos con taxas de variación interanuais superiores ao 3%.

 28/07/2017  

Aprobada a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2016

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2016. Como é habitual, o completo diagnóstico da realidade socioeconómica da comunidade ven acompañado das consideracións aportadas polos membros.

 20/06/2017  

A Asociación de Empresas de Ingeniería colaborará no informe do CES sobre o sector industrial galego

Ageinco

Representantes da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnolóxicos (Ageinco) encabezados pola secretaria xeral da organización, Marta Gallego, visitaron a sede do CES para ofrecer a súa participación no estudo “Por unha alianza no sector industrial galego”, que está a desenvolver este organismo consultivo.

 15/06/2017  

Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de Portos de Galicia

Ditame portos O Pleno do CES-Galicia aprobou por unanimidade, na súa reunión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de Lei de Portos de Galicia.
 08/06/2017  

Os CES da “raia” traballarán en iniciativas sobre o Camiño portugués a Santiago

Firma en Lisboa O novo presidente do Conselho Económico e Social de Portugal e mais os seus homólogos acolleron favorablemente a proposta presentada por Galicia e os CES da "raia" traballarán en iniciativas sobre o Camiño portugués a Santiago de Compostela, Ese foi un dos acordos acadados no acto de renovación do protocolo de colaboración entre os organismos consultivos de ambos lados da fronteira hispano-lusa, celebrado en Lisboa.
 07/06/2017  

A IV edición do premio “Valentín Paz Andrade” premiará traballos de investigación e teses de doutoramento

logos CES e Idega O Premio “Valentín Paz Andrade” de Investigación en economía de Galicia presenta, na súa IV edición, dúas modalidades: premiará traballos de investigación publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, pero tamén teses de doutoramento presentadas desde o 1 de xaneiro de 2016.

Páxinas