Aprobado o ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia

O Pleno do CES aprobou na súa sesión do pasado venres o ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia. Aprobado por maioria e sen votos en contra, o ditame, que valora positivamente a iniciativa normativa, recolle 11 consideracións xerais e oito consideraciós particulares ao texto. Entre outros aspectos, o Consello fala da necesidade de “adoptar una perspectiva o máis ampla posible da problemática do ciclo integral da auga”.
O CES súmase á dor de toda Galicia polos falecidos e desaparecidos no naufraxio do buque Villa de Pitanxo en Terranova

O Pleno do Consello Económico e Social súmase a dor de Galicia polas vidas perdidas no naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova. En sesión plenaria celebrada hoxe, os membros do CES amosan a súa solidariedade e agarimo para as familias dos falecidos e os desaparecidos, aos seus amigos e achegados e a toda a xente do mar de Galicia nestes duros momentos e expresan as súas condolencias para todos eles. O Consello comparte a tristeza e o luto oficial que vive Galicia.
As xornadas organizadas polo CES en 2021 superan as 2.700 visualizacións na canle de YouTube do organismo

Con máis de 2.700 visualizacións ata a data, os vídeos das distintas xornadas organizadas polo CES en 2021 que se poden atopar na canle de YouTube do organismo convertéronse nun valioso medio de proxección da actividade do Consello. A través deste medio, calquera persoa interesada pode ter acceso no seu dispositivo a todo o contido –intervencións, presentacións, debates…– das actividades organizadas neste último ano: xornada sobre a dixitalización, conferencia sobre a tarifa eléctrica en España, xornada de economía social e xornada sobre o futuro do medio rural. O CES ten previsto seguir subindo contido a esta canle con novas iniciativas que está a preparar.
O CES investigará os impactos económicos e socias da covid-19 en Galicia

A Comisión Permanente do CES aprobou na súa sesión de hoxe a elaboración dun traballo de investigación sobre o impacto da covid-19 en Galicia e as consecuencias económicas e sociais da pandemia en diversos ámbitos. O informe levarase a cabo a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.
Os membros da RTA estudian os documentos da Comisión Europea sobre a revisión do regulamento de mobilidade verde e eficiente para o seu seguimento

Responsables dos CES españois, franceses e portugués agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA) participaron nunha reunión virtual para compartir a presentación dos documentos publicados o pasado mes de decembro para Comisión Europea sobre a revisión do regulamento da Red Transeuropea de Transportes (RTE-T Efficient and Green Mobility.
Comezan as reunións para a elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga

A Comisión sectorial nº 2 está a traballar na elaboración da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia, solicitado ao CES. Logo de estudiada a documentación recibida e feitas as alegacións e achegas das distintas organizacións, os membros da comisión están a artellar un texto consensuado que recolla as súas distintas posturas. Está previsto que o ditame esté aprobado a mediados deste mes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »