O Consello participa nunha reunión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

O CES participou hoxe na reunión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, celebrada vía videoconferencia. Na xuntanza, os membros acordaron a creación de dous novos grupos de traballo no observatorio, un adicado a Formación e Innovación e outro a Benestar e saúde. Estes novos grupos concíbense como espazos de intercambio de coñecemento, análise e reflexión que teñen como obxectivo realizar propostas de actuación no seu respectivo ámbito temático. Esas propostas serán sometidas a consideración do Pleno do Observatorio.
Na reunión presentouse tamén aos participantes a nova páxina web da entidade.
Arrincan os traballos de elaboración dun informe sobre o sector enerxético galego e o seu futuro

Cunha comparecencia diante da Comisión sectorial nº 1 a cargo do equipo responsable da súa redacción, comezaron hoxe os traballos de elaboración do informe “O sector enerxético en Galicia: presente e futuro”, un dos estudos facultativos que vai abordar o CES este ano. Os profesores Fernando de Llano e Guillermo Iglesias presentaron o prantexamento do informe, as metodoloxías a utilizar na análise, o esquema do estudo e un índice inicial para a súa valoración pola Comisión.
A Comisión Permanente aproba unha declaración institucional en apoio dos servizos ferroviarios

A Comisión Permanente do CES aprobou na súa sesión de hoxe unha declaración institucional en apoio duns servizos ferroviarios competitivos, eficaces e útiles para as persoas usuarias.
O director xeral do IGVS comparece no CES para explicar as novidades previstas no anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, sometido a ditame do organismo

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, compareceu hoxe no CES para explicar a filosofía e as novidades que plantexa a nova Lei de áreas empresariais de Galicia. A normativa, aínda en fase de anteproxecto, foi sometida a ditame do Consello. A comparecencia tivo lugar na marco dunha sesión da Comisión sectorial nº 1, encargada do traballo de elaboración do ditame.
Publicada a Memoria de actividades do CES 2021

A memoria que recolle as actividades do CES no ano 2021 xa está dispoñible na web. Como cada ano, o documento contén unha escolma dos traballos elaborados polo Consello no último exercicio e as distintas iniciativas que se levaron a cabo. Entre outras actuacións, ademáis da Memoria sobre a situación económica e social, o CES aprobou dous informes e dous ditames, celebrou 4 xornadas e conferencias e mantivo unha salientable actividade institucional. Os membros do organismo celebraron 8 sesións plenarias, 17 reunións da Comisión Permanente e máis dunha trintena de sesións das distintas comisións sectoriais.
Presencia do CES na entrega de premios sindicais polo día da muller traballadora
O CES, representado polo seu presidente, participou estes días en dous actos de organizacións sindicais en conmemoración do día 8 de marzo. O primeiro destes eventos, organizado pola Confederación Intersindical Galega (CIG) en Narón o 4 marzo, foi a entrega dos premios co gallo do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. A CIG entrega o seu premio a loita sindical das mulleres en xeral e das mulleres galegas en particular, e nun ano no que se cumple o 50 aniversario das loitas obreiras na ría da Ferrol en 1972. Un día despois, foi o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia o que celebrou o acto de entrega dos seus Premios 10 de marzo, que este ano foron para Jaime Pereira Silva, Josefa Piñón Seoane e Almudena Grandes (in memoriam).Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »