inicio - Novas - Visita dunha delegación da Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento de Galicia

Visita dunha delegación da Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento de Galicia

 25/10/2021  

Unha representación da Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento de Galicia (Aedigal), encabezada polo seu presidente, Eladio Fernández Pérez, visitou hoxe o Consello Económico e Social de Galicia para manter un encontro co presidente, Agustín Hernández.

Na xuntanza, os responsables de Aedigal presentaron ao presidente e ao secretario xeral do organismo as liñas de traballo actuais e os obxectivos que persegue a asociación mediante a súa recente constitución como patronal autonómica galega da discapacidade intelectual e do desenvolvemento.