inicio - Novas - Vinte e cinco anos do Pleno de constitución do Consello Económico e Social

Vinte e cinco anos do Pleno de constitución do Consello Económico e Social

 29/01/2021  

Este vindeiro 30 de xaneiro cúmprense 25 anos desde a celebración da constitución do Consello Económico e Social de Galicia, nunha sesión que tivo lugar nas dependencias da Xunta en San Caetano. Nun acto presidido polo titular da Xunta de Galicia nese momento, Manuel Fraga, e coa presencia dos conselleiros de Economía e Xustiza, tomou posesión do seu cargo o primeiro presidente da nova institución, Luis Suárez-Llanos Gómez, o seu secretario xeral, Carlos Monclús, e os representantes das distintas entidades e institucións da sociedade civil organizada que forman o organismo consultivo.

Xa naquel lonxano día, os seus responsables insistiron na cooperación e o consenso como guías do seu traballo como foro permanente de diálogo e deliberación entre os axentes económicos e sociais. Logo destes 25 anos, ese segue a ser o espírito que se mantén no CES. Cambiaron os presidentes e os membros, as formas de traballo e a proxección da insitución na sociedade, pero se conserva a idea de recoller, dentro das lexítimas discrepancias dos intereses variados, unha voz común como mellor medio de poñer en valor a contribución deste Consello ao desenvolvemento da sociedade galega.

Na imaxe pequena, o presidente Suárez-Llanos (á esquerda) durante o acto, na fotografía de F. Blanco que publicou El Correo Gallego o 31/01/96. Arriba, a esquerda, o salón do Pleno na actualidade; á dereita, o Pazo de Amarante, en Santiago de Compostela, sede do CES.