inicio - Novas - Valoración positiva para a reprogramación do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

Valoración positiva para a reprogramación do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020

 26/04/2021  

A Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento rexional, do CES analizou a "Evaluación operativa por reprogramación do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020", logo da consulta do Comité de Seguimento do programa. O Consello fai unha valoración positiva da reprogramación dos fondos e reclama unha execución axil dos novos recursos europeos.

Na súa condición de membro do Comité de Seguimento do programa operativo, o Consello fora requerido para expresar a súa opinión sobre a dita reprogramación, que ten en conta a contribución dos novos fondos REACT UE, centrados en reparacións dos efectos da crise a curto prazo.