inicio - Novas - O sector da economía social cambia o seu representante no Pleno do CES

O sector da economía social cambia o seu representante no Pleno do CES

 28/01/2021  

María del Mar Pernas Márquez é desde hoxe, logo do publicación do seu nomeamento no DOG, membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación do sector da economía social. Pernas, que traballa no eido do cooperativismo, toma o relevo de Antón Ínsua, que deixa a súa representación a petición propia logo duns meses de dedicación e bo facer.