inicio - Novas - Reunión telemática preparatoria do Comité de Orientacións da RTA

Reunión telemática preparatoria do Comité de Orientacións da RTA

 17/09/2021  
Os CES españois que fan parte da Rede Transnacional Atlántica (RTA) mantiveron unha reunión a través de videoconferencia –na imaxe, un momento da xuntanza– para preparar a vindeira sesión do Comité de Orientacións da organización. Nese encontro, que se celebrará na cidade de Mérida o vindeiro 28 de setembro, está prevista a elección dunha nova directiva –presidencia e dúas vicepresidencias– da Rede.