inicio - Novas - A problemática do envellecemento e as demencias neurodexenerativas, a estudo nunha xornada no CES

A problemática do envellecemento e as demencias neurodexenerativas, a estudo nunha xornada no CES

 18/09/2018  

Ofrecer, nun período de 5 horas, unha visión completa do impacto das demencias no territorio galego. Este é o obxectivo da xornada que, baixo o título Envellecemento e demencias neurodexenerativas en Galicia, celebrarase o vindeiro luns, 24 de setembro, na sede do Consello Económico e Social de Galicia, organizada por este organismo en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia (Fagal).

Con este fin, elaborouse un programa que reúne expertos en distintos ámbitos e que conta tamén coa colaboración de diversos axentes que presentarán a visión dende a súa experiencia en aspectos como a demografía, a atención sociosanitaria, a realidade económica e a inserción laboral.

A xornada está aberta á participación de calquera persoa interesada por esta problemática, que afecta a miles de galegas e galegos e ás súas familias e ten un enorma impacto social e económico. Pode consultar o programa completo no arquivo adxunto.

Salienta a importancia dunha mesa onde se presentará a abordaxe sociosanitaria das demencias mediante a colaboración dos departamentos da Xunta con competencias neste eido e coa perspectiva da recentemente reactivada comisión sociosanitaria de Galicia.

Así mesmo, a recente confección dunha carteira de servizos de prevención da dependencia específica en demencias, na que se remarca a ratio de persoal precisa para os diferentes servizos, e a xa asentada estrutura profesional dos servizos sanitarios merecen unha análise pormenorizada, non só polo investimento que precisan, senón pola taxa de retorno e promoción da actividade económica que implican.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon tríptico xornada demencias.pdf1.14 MB