inicio - Novas - Principio de acordo de colaboración transfronteiriza co CES de Portugal

Principio de acordo de colaboración transfronteiriza co CES de Portugal

 08/04/2016  

O Consello Económico e Social de Galicia, xunto con representantes dos outros CES autonómicos españois das comunidades que comparten fronteira con Portugal, participou en Lisboa nun encontro con responsables do CES luso o pasado martes. O obxectivo da reunión, na que se deron cita membros de Andalucía, Estremadura e Castela e León, foi sentar as bases para unha futura colaboración en diferentes ámbitos socioeconómicos que afectan aos territorios fronteirizos.