inicio - Novas - O presidente do Consello explica as contas do organismo para 2021 nunha comparecencia na comisión parlamentar de orzamentos

O presidente do Consello explica as contas do organismo para 2021 nunha comparecencia na comisión parlamentar de orzamentos

 02/12/2020  

"Axustado" pero "suficiente para cumprir coas funcións que ten encomendadas o organismo". Deste xeito resumíu o presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández, o orzamento para o vindeiro ano 2021. Nunha comparecencia diante da comisión parlamentar que tramita os presupostos da Comunidade, o presidente desglosou as principais partidas das contas para ese vindeiro ano, un exercício que estará marcado, como para o conxunto da sociedade, polas consecuencias da pandemia da covid-19 e o desexada recuperación.

Hernández aproveitou a súa visita ao Parlamento para explicar cales foron as principais actividades desenvolvidas no ano actual, condicionadas primero polo confinamento e logo polas restricións que estamos a padecer. Ademáis, o presidente pormenorizou algúns dos proxectos nos que xa está a traballar o Consello –informes sobre o emprego xuvenil e sobre a dependencia serán, previsiblemente, os primeiros en ser aprobados–, recordando que o organismo busca sempre, a través do diálogo, o máximo consenso.