inicio - Novas - Presencia do CES na entrega de premios sindicais polo día da muller traballadora

Presencia do CES na entrega de premios sindicais polo día da muller traballadora

 08/03/2022  

O CES, representado polo seu presidente, participou estes días en dous actos de organizacións sindicais en conmemoración do día 8 de marzo. O primeiro destes eventos, organizado pola Confederación Intersindical Galega (CIG) en Narón o 4 marzo, foi a entrega dos premios co gallo do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. A CIG entrega o seu premio a loita sindical das mulleres en xeral e das mulleres galegas en particular, e nun ano no que se cumple o 50 aniversario das loitas obreiras na ría da Ferrol en 1972. Un día despois, foi o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia o que celebrou o acto de entrega dos seus Premios 10 de marzo, que este ano foron para Jaime Pereira Silva, Josefa Piñón Seoane e Almudena Grandes (in memoriam).