inicio - Novas - O Pleno do CES Galicia na súa sesión de 7/12/2022 ven de aprobar o ditame sobre o anteproxecto da lei de calidade alimentaria de Galicia.

O Pleno do CES Galicia na súa sesión de 7/12/2022 ven de aprobar o ditame sobre o anteproxecto da lei de calidade alimentaria de Galicia.

 08/12/2022  

O texto do anteproxecto foi remitido ao CES en data 28 de setembro, e acto seguido á presidencia e aos membros da Comisión Sectorial número 1, Economía, emprego e sectores produtivos, competente por razón da materia, para a posterior elaboración do correspondente ditame, co fin de iniciar os traballos de estudo sobre a devandita proposta. Así mesmo, tal como establece o Regulamento de Réxime Interno do CES, deuse conta á Comisión Permanente da entrada de solicitude de ditame.

Este Anteproxecto de Lei, que conta con 116 artigos, estrutúrase nunha exposición de motivos, onde se resumen os obxectivos da norma e as novidades lexislativas no ámbito da calidade alimentaria, e unha parte expositiva, dividida nun Título preliminar, sete Títulos e as disposicións adicionais, transitorias, derrogatoria e finais necesarias para a súa aplicación e entrada en vigor.

Despois de varios debates na Comisión Sectorial 1, foi posible acadar a unanimidade en case tódolos puntos salvo no tocante ao artigo 100 e 107.2 e/ onde se produxo un voto particular da confederación de empresarios de Galicia.