inicio - Novas - Pleno do ces aproba unanimidade ditame sobre anteproxecto lei ��reas empresariais galicia
 21/09/2023  

A Comisión sectorial nº 1 avanza nos traballos do informe sobre dinámica empresarial

dinámica empresarial

Os traballos para a elaboración do informe "Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada" seguen avanzando. Na súa sesión de onte, a Comisión sectorial nº 1 tivo ocasión de asistir á presentación dun primeiro borrador do documento de traballo a cargo do equipo da Universidade de Vigo encargado da súa elaboración. Coas aportacións e consideracións dos membros da Comisións entrarase na parte final do proceso de redacción.

 13/09/2023  

Agustín Hernández decide non continuar como presidente do CES-Galicia

Transcorridos os catro anos na Presidencia do Consello Económico e Social de Galicia, para os que foi designado polo presidente Alberto Núñez Feijóo, Agustín Hernández Fernández de Rojas ten trasladado no día de hoxe ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a súa decisión de non continuar no cargo.

De acordo coa normativa aplicable, o presidente do Consello continuará exercendo as súas funcións ata o nomeamento do novo presidente ou presidenta.

 12/09/2023  

Os axentes económicos e sociais apostan pola investigación para acadar unha transición enerxética xusta

Que a transición enerxética que estamos a vivir sexa xusta e beneficie por igual a todos os axentes implicados é o obxectivo que expresaron os axentes sociais representados no CES. Para acadar ese fin, representantes dos sindicatos, dos empresarios o outros colectivos insistiron na importancia de potenciar a investigación e o desenvolvemento para acadar un cambio de paradigma que non esqueza a ninguén. Esta foi unha das conclusións que se acadaron na xornada de debate sobre o sector enerxético galego que tivo lugar onte no Consello Económico e Social de Galicia. Con representantes académicos, da Administración, dos sindicatos, do mundo rural e da economía social, os expertos aboradaron os distintos aspectos do proceso de cambio de paradigma no uso da enerxía que estamos a vivir, as súas potencialidades e oportunidades e as sombras que tamén apuntan no horizonte.

No encontró falouse da necesidade de contar cun marco normativo estable, de eficiencia enerxética, da importancia do aforro tamén a nivel individual e cidadán e do papel que terán que xogar as infraestructuras de almacenamento como chaves para o futuro enerxético de Galicia.

O CES traballa agora na redacción dun documento que recolla as opinións apuntadas polos participantes da xornada, que porá un remate ao informe sobre o sector enerxético aprobado polo Consello hai uns meses.

 07/09/2023  

O CES organiza unha xornada de debate sobre o sector enerxético

xornada enerxía

O salón do Pleno do Consello Económico e Social acollerá este vindeiro luns, 11 de setembro, unha xornada de debate sobre o sector enerxético en Galicia protagonizada polo axentes sociais representados no organismo. Organizado en torno a tres mesas de debate, o evento busca afondar nos distintos aspectos dun sector estratéxico que está a vivir profundos cambios e de entender cal vai ser o seu futuro.

Nunha primeira mesa, analizaranse os impactos do sector enerxético no territorio, tanto desde o punto de vista do ámbito económico xeral como do da industria, dos usuarios… fixando a atención nas peculiaridades de Galicia. O impacto das novas fontes de enerxía, protagonistas do futuro como consecuencia do proceso de descarbonización no que nos atopamos, centrará a segunda mesa, que reunirá a representantes sindicais. Unha tercera mesa xirará en torno ao impacto do sector enerxético no sector agrario e nos consumidores, con membros das organizacións destes colectivos.

Este xornada pon o colofón ao traballo sobre este sector levado a cabo polo CES, que se concretou na recente aprobación do seu informe 1/23: “O sector enerxético galego: presente e futuro”.

 27/07/2023  

O presidente do CES entrega ao Parlamento a Memoria Galicia 2022

Parlamento G22

O presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, entregou onte ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022. Nunn acto protocolario xa clásico, acompañado polo presidente de turno da comisión sectorial encargada do traballo, o representante da CEG José Antonio Neira, o presidente explicou o contido do documento e repasou algunhas das consideracións que recolle. Hernández fixo entrega tamén de tres exemplares maís para os distintos grupos parlamentarios.

 11/07/2023  

O CES Galicia participa no Comité Territorial del Área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal

cooperación

O CES-Galicia participo hoxe na reunión do Comité Territorial da Área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal (AC1), integrado no Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027. Na sesión levouse a cabo unha analise e proposta de decisión ao Comité de Gestión (CG) sobre as candidaturas da 3ª Convocatoria de proxectos presentados ao programa.

Páxinas