inicio - Novas - O Pleno aproba o informe sobre o sistema de coidados de longa duración en Galicia , a prestación de servizos e a creación de emprego

O Pleno aproba o informe sobre o sistema de coidados de longa duración en Galicia , a prestación de servizos e a creación de emprego

 19/02/2021  
O Pleno do CES ven de aprobar na súa sesión de hoxe, por unanimidade, o documento "Informe sobre o sistema de coidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva de prestación de servizos e de creación de emprego". O traballo foi realizado a través dun convenio de colaboración coa Universidade da Coruña. Os profesores Raquel Martínez Buján e Paolo Rungo, desa institución académica, foron os encargados da redacción do informe, que despois tramitouse a través da Comisión sectorial nº 2 do Consello. Estruturado en cinco capítulos, o estudo remata con conclusións sobre a realidade actual dos coidados e as distintas perspectivas para os vindeiros anos. O informe presentarase públicamente nuns días.