inicio - Novas - O Pleno aproba o informe sobre e empregabilidade da mocidade en Galicia e unha modificación do Reglamento de réxime interno

O Pleno aproba o informe sobre e empregabilidade da mocidade en Galicia e unha modificación do Reglamento de réxime interno

 27/05/2021  

O Pleno do Consello Económico e Social aprobou na súa sesión de hoxe, celebrada a través de videoconferencia, o Informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia e mais unha modificación do seu Regulamento de réxime interno.

O informe pon o foco na análise da realidade do acceso ao emprego da gente nova na nosa Comunidade, tanto desde o punto de vista da formación como desde as necesidades das empresas. Este estudo será presentado publicamente nos vindeiros días.

Por otura banda, a modificación regulamentaria tivo o obxectivo fundamental de adecuar o texto aos cambios da Lei de creación do organismo, ademáis de utilizar unha linguaxe inclusiva e non discriminatoria.