inicio - Novas - Unha ollada multidimensional ao sector lácteo, novo número da serie "cadernos"

Unha ollada multidimensional ao sector lácteo, novo número da serie "cadernos"

15/02/2016
Nos últimos meses, o sector lácteo tivo notable protagonismo nos medios de comunicación, con mobilizacións diversas, principios de acordo e novas espectativas. O fin do sistema de cotas, o novo esceario que plantexa ou as recentes mobilizacións protagonizadas polos gandeiros trouxeron ao primer plano da actualidade a un sector primordial para Galicia. Convén lembrar que o leite é a principal produción da agricultura galega non só en termos económicos e sociais, senón tamén desde un punto de vista territorial. Por estés motivos, entendimos que era unha boa ocasión para adicar a esta actividade un novo número da nosa serie "cadernos". Como sempre, tentamos aportar elementos de reflexión para o diálogo e trouxemos a estas páxinas puntos de vista diversos. Contamos coa visión académica de economistas; coa opinión de primeira man dos representantes dos sindicatos agrarios; tamén, da perspectiva das cooperativas; e incluímos asimesmo o punto de vista da Administración galega. Con todas estas aportacións, poñemos a disposicións dos cidadáns de Galicia unha completa “foto” da situación a das perspectivas de futuro do sector.
traballos relacionados: