inicio - Novas - Máis emprego, para máis persoas e en máis territorios, a través da economía social

Máis emprego, para máis persoas e en máis territorios, a través da economía social

 19/10/2021  

Os distintos axentes do sector participaron na xornada organizada polo CES

Algo está a cambiar na mentalidade social cando se pensa na economía que ven. O futuro deberá ser capaz de xerar maís empregos de calidade, que cheguen a máis persoas e que se asenten en máis territorios, cun investimento diriixido as persoas, non só ao beneficio económico directo. Así o resumíu o presidente do Consejo Económico y Social de España, Antón Costas, no comezo da xornada sobre a economía social que organizóu o CES-Galicia en Santiago.

Representantes de todas as “familias” que compoñen o sector da economía social, desde as cooperativas ata as empresas de inserción laboral, dos centros especiais de emprego ás confrarías de pescadores, aportaron a súa visión sobre o futuro deste forma de entender a actividade, enfocada á mellora da economía, das persoas, dos territorios e, en consecuencia do conxunto da sociedade.

Coa participación de más dunha decena de expertos, os asistentes poideron escoitar as diferentes visións dunha realidade que se está a extender e que entra en todas as proxeccións de futuro xa desde as instancias europeas, que apostan pola economía social como un dos piares de desenvolvemento inclusivo para os vindeiros anos.

En breve estarán dispoñibles na canle de YouTube do CES as distintas ponencias da xornada.

Na imaxe, o presidente do CES de España, Antón Costas, durante a súa exposición. Sentados, o presidente do CES de Galicia, Agustín Hernández, e o presidente da Confederación Empresarial Española de la Economía Social, Juan Antonio Pedreño.