inicio - Novas - Galicia participa no encontro anual dos CES autonómicos 2014, celebrado en Sevilla

Galicia participa no encontro anual dos CES autonómicos 2014, celebrado en Sevilla

 01/07/2014  

Sevilla foi o escenario do encontro anual dos Consellos Económicos e Sociais autonómicos 2014 no que, un ano máis, estivo presente o CES de Galicia. Con estas reunións anuais, estes organismos consultivos intercambian experiencias, coordinan actuacións e buscar aproveitar as sinerxías para acadar unha maior efectividade nas súas funcións. Nesta ocasión, o CES de Andalucía foi o encargado de organizar o encontro.
 
Nas reunións, que se celebraron os días 26 e 27 de xuño na Casa de la Provincia, o CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta e máis o secretario xeral. O encontro foi inaugurado polo presidente do CES de Andalucía, Ángel Gallego, e o presidente da Deputación de Sevilla, Fernando Rodríguez.
 
Na súa conferencia inaugural, o presidente do CES de España, Marcos Peña abordou, baixo o título “Una gobernanza para el empleo: diálogo social y políticas públicas”, o papel dos Consellos como unha insitución básica para a gobernanza
 
Peña considerou que no eido europeo hai un modelo deficiente de gobernanza, cunha escasa atención ás políticas de crecimiento, supeditadas aos obxetivos de austeridade e disciplina macroeconómica.
 
No acto de clausura, unha conferencia titulada “Retos do diálogo social”, o conselleiro de Economía, Innovación, Ciencia e Emprego da Junta andaluza, José Sánchez Maldonado, animou aos Consellos Económicos e Sociais a participar na configuración dun novo modelo produtivo e na elaboración de respostas aos retos e oportunidades que presenta o novo esceario socioeconómico global.
 
O conselleiro salientou o papel dos CES como cauces permanentes de diálogo entre os distintos Gobernos e a sociedade y agradeceu a súa contribución neste importante asunto na definición das políticas públicas.
 
Entre os principais retos a afrontar por toda a sociedade, tamén polos Consellos, Maldonado destacou o de favorecer unha reorientación do modelo produtivo, a creación de emprego e a cohesión social. Ademáis de avanzar na recuperación económica, apostou por unha sociedade de progreso que avance tamén na recuperación efectiva da igualdade de oportunidades e dos dereitos sociais.