inicio - Novas - O futuro do sector lácteo galego, nunha xornada do Idega

O futuro do sector lácteo galego, nunha xornada do Idega

 11/11/2014  

A desaparición do sistema de cotas de produción vixente nos últimos anos coloca ao sector lácteo diante dun novoesceario que amosa numerosas incertidumes. Analizar a situación que se presenta, os seus retos e as actuacións prioritarios para abordala son os obxectivos da xornada do Idega “O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas”, que se celebrará nas instalacións do Consello Económico e Social de Galicia o vindeiro 5 de decembro.

Investigadores, gandeiros e membros das organizacións agrarias,empresarios do sector e representantes da Administración danse cita para estudiar polo miúdo a situación actual do sector lácteo galego e, principalmente, os retos que ten que enfrontar ante a desaparición das cotas, cal pode ser o futuro da industria láctea de Galicia nun mercado liberalizado e os mecanismos de adaptación que deberá asumir.
 
Como en anteriores ocasións, logo de varias intervencións de expertos do Idega, das empresas do sector e de coñecer a visión da Consellería de Medio Rural e do Mar, celebrarase unha mesa redonda que permitirá debater se a desaparición das cotas pode ser unha ameaza para o sector ou unhafonte de oportunidades de cambio e mellora. Contamos coa presencia dun representante da Consellería, da Asociación de Empresas Lácteas de Galicia e con expertos das tres organizacións agrarias membros do CES: Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego. Entre todos, perfectos coñecedores dos distintos aspectos da realidade do sector, tentarán darnos a súa visión sobre qué actuacións son prioritarias para garantir o futuro dunha actividade moi destacada no sector primario de Galicia.
 
A xornada constitúe un novo paso no camiño de colaboración que o CES ven mantendo co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC para achegar a investigación puntera en materias socioeconómicas de especial relevancia aos actores da sociedade civil.
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon Programa das Xornadas73.07 KB