inicio - Novas - O equipo redactor do informe sobre coidados de longa duración presenta o seu traballo á Comisión sectorial nº 2

O equipo redactor do informe sobre coidados de longa duración presenta o seu traballo á Comisión sectorial nº 2

 27/01/2021  
A profesora Raquel Martíinez Buján, responsable do equipo encargado de redactar o “Informe sobre o sistema de cuidados de longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego”, presentou hoxe o seu traballo nunha sesión da Comisión sectorial nº 2, celebrada a través de videoconferencia. A profesora da UdC explicou polo miúdo o contido do informe aos membros da comisión, que fixeron unha valoración moi positiva do mesmo. Agora o documento seguirá a súa tramitación habitual para a súa aprobación polo Pleno. Na imaxe, un momento da videoconferencia, na que participou tamén o presidente do CES, e no recuadro, Martínez Buján durante a presentación.